Non me ralles

Millóns de traballadores españois -máis de catro xa o fixeron antes forzosamente- iniciaron unhas vacacións que este ano ben poderían ter o lema que popularizaron eses adolescentes fartos dos consellos dos seus pais carcas: «Non me ralles máis». Primeiro porque seguro que xa están ata a pucha de que lles recorden que estamos en crise, que hai que atarse o cinto, baixarse os soldos se se está na nómina da administración ou deixar para outro ano calquera compra que deixe a cero a conta de aforro. Segundo porque tampouco lles interesa saber se o Estado corre o risco de romper por un estatuto de autonomía catalán que o Constitucional tardou catro anos en corrixir, en todo un alarde de parsimonia xudicial. E terceiro porque xa non lles sorprende nada das tramas de corrupción que se adoitan tecer ao redor dos partidos que gobernan e que veñen demostrar que a democracia é un sistema tan agradecido que permite manter nos seus escanos aos que meteron a man no caixón.
Como moito, durante os días de asueto, os españois permiten que se lles «ralle» coas posibles fichaxes do seu equipo de fútbol ou sobre a última conquista do famoso/a de turno. E en setembro, xa falaremos.

Tags: , ,

2 Comentarios a “Non me ralles”

  1. comentarios de prensa

    Gostariame facer referencia a un comentario que se fixo onte neste blog das verdadeiras formas de facer política do presidente da Xunta de Galicia e que por atinadas usarei de corto-pego para amosar a ética de Feijoo e os seus conselleiros. Agustín Hernández certificou a entrega dunha estrada que nin de lonxe estaba rematada por 292.000 euros a unha empresa(Sercoysa) na que él traballara.

    “Tampouco Feojoo é un político que teña respecto pola legalidade na acción de goberno. O que importa é a eficacia. Un home pragmático sen complexos debe estar disposto a todo, especialmente a vulnerar a Lei facendo que pareza un accidente: todo legal.

    Son tamén continuos por parte de Feijoo os incumprimentos da Lei de Transparencia e Boas Práticas da Administración Galega e a Lei estatal de Contratos do Sector Público, constitúen mostras ben claras da prostitución da lei en aras de obxectivos políticos.”

    A politica galega acabará nos xulgados como de feito pasa en Lugo. A Feijoo que tanto lle gusta nomear o Código Etico do PP, de novo foiselle a mán.Según Feijoo a falsedade documental está xustificada porque se trataba de non perder fondos comunitarios.

    NUNCA ANTES SE VIRA TANTO MACARRA EN POLITICA. OU SI????????????

  2. O CODIGO ETICO DE FEIJOO

    Onte faciase unha reflexión neste blog sobre os “macarras de la moral” e os macarras políticos e falaba en xeral. Aquí hai que mollarse.

    Alguén que recoñeceu que certificou obras en falso e que está imputado por elo, non pode seguir sendo membro dun goberno que presume de código ético.

    A hipocresía sen limites de Feijóo, permítese acusar aos demais de cousas que non pode probar coma o da trama agraria mentres ampara aos seus a pesar de todo.

    Qué garantías pode darlle aos galegos e as galegas que o máximo responsable da legalidade urbanística de Galicia sexa a mesma persoa que está imputada por certificar en falso unha obra?????????????. É como poñer ao zorro a coidar das galiñas

    Pregarialle ao Presidente Feijoo que aclare o sentido do seu convite aos emigrantes para que se empadronen nos concellos galegos para votar porque da impresión que dá é que está alentando a fraude de lei.

    Para empadronarte nun concellos tes que residir nel. Tes que acreditar que tes un vínculo con ese concello. Do contrario estás incorrendo nunha práctica irregular. O que é inconcebíbel é que o presidente da Xunta estea instando a que se produza ese tipo de irregularidades.

    39 x 38, feito este que condiciona a vida pública galega, xa que vasta a presión dun deputado ou a ameza do mesmo, para cambiar o Goberno Galego.

    Nestas condiones, Feijóo esta crucificado, na vida política, os cravos (Familia Baltar e un posible deputado trásfuga) daria ao traste co goberno galego.

    O pobo galego esta a mercé do seu propio destino ao decidir co seu voto un Goberno dévil, sen maioría suficiente para gobernar sen presións e decisións propias e de partido, é así que os galegos estamos vendidos e navegando sen destino.

    Pero o máis grave é a corrupción alá por onde se mire, sen dimisións e mirando con orgullo por encima do ombreiro a ese cidadán que se lle esixe cumprimento da Lei, desvio de fondos públicos, subvencións multimillonarias de fondos públicos do pobo galego destinadas a tapar a prensa escrita con fins políticos e privados, aniquilación de servizos sociais, creación de chiringuitos por todas partes, intento de privatizacións para posiblemente malversar fondos públicos.

    A caixa do diñeiro público esta bastante controlada polo Consello de Contas de Galicia, pero se creamos empresas que contraten servizos públicos, trasládase o diñeiro público á empresa privada e xa nos podemos facer con el? con todo tipo de artimañas, desvios, sobrecustos, partidas de libre desgnación, certificacións que ninguén pode controlar e xa surgiran novos multimillonarios malversadores de fondos públicos próximos ao partido político de quenda.

    Porque iso si, Vostede ten que saber coma mín, que de mil euros ao mes, ninguén compra casa, coche de luxo e moito menos, deixar entrever un éxito social dun día para o outro, que non o dá nin o acerto da Lotaría Primitiva.

    Pero non se sorprenda, por que hai máis?

    Cursos, Xornadas,Foros, Inauguracións que ninguén solicita e que os altos cargos da administración vólvense próximos á tolemia pola súa progresión, xa que é outra forma suculenta de trasladar fondos públicos ás súas contas privadas.

    Secretarios Xerais, Conselleiros, Directores, todo un tren (listos) cheo de bagóns (chiringuitos) que aumentarán dunha forma considerable un soldo, acompañado polo Plus de Altos Cargos (para sempre) con asistencias e pluses que a pesar de facer as xestións de información néganse na Xunta de Galicia en rotundo (Alfonso Cabaleiro, Secretario de Comunicación) a dar información (ver especial Chiringuitos) e que posiblemente non baixe o Plus de 6.000 Euros, podense realizar máis de 8 chiringuitos ao mes, o que nos daría un plus de máis de 48.000 de propina para os nosos altos cargos.

    Pero aínda queda máis, coches oficiais, persoal alagador, contratos a personaxes afíns, rexeitamento de ofertas, traxineo e un sen fín que deixaría coa boca aberta durante a lexislatura ao máis listo da sociedade galega que non coñeza a administración.

    Non faga oposicións? dedicarse á vida política é mellor.

Comenta